MIAE 2.1
Declara como utilizaches a IA
Declarar o uso de IA nunha tarefa
Completa esta ficha e achégaa ao traballo. Podes editala aquí, copiala ou descargala como texto. Describe tamén as consultas descartadas se as houbo.
Ver unha declaración cuberta
- Tarefa ou compoñente e quen o realiza
- Informe sobre un ecosistema; realizado por unha estudante.
- Que elaborei eu
- Desenvolvín as explicacións ecolóxicas e as conclusións a partir das miñas observacións e das fontes consultadas.
- Ferramenta de IA e para que a utilicei
- ChatGPT: proposta de índice e corrección lingüística do texto que redactei.
- Como revisei ou transformei as súas achegas
- Escollín os apartados do índice e comprobei que a corrección non engadise ideas nin alterase as miñas conclusións.
- Nivel ou niveis MIAE e xustificación
- Nivel 2 na planificación e nivel 1 na reformulación dun desenvolvemento humano. A IA non desenvolveu o contido do informe.
Para docentes: comunica os usos permitidos
Adapta este modelo ao obxectivo de aprendizaxe. O nivel describe o proceso; os criterios de avaliación deben valorar a aprendizaxe e a calidade do traballo.